miércoles, 4 de febrero de 2015

Día Mundial do Cancro 2015

O cancro é unha das principais causas de morte no noso entorno. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cancro ó longo da súa vida, máis o 40% destes cancros poderían ser evitados.

Dende o ano 2000 o día 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro. Xa o temos falado co gaio dos días mundiais do cancro 2013 2014. A Unión Internacional Contra o Cancro lidera unha campaña mundial destinada a erradicar mitos e erros  sobre a enfermidade. Por iso fai un chamamento ó compromiso de autoridades e cidadáns para reducir o seu impacto mediante a prevención, a detección temperán e o acceso ós tratamentos e coidados máis axeitados.



Baixo o lema "Ó noso alcance", este ano quérense enfatizar catro ideas:

-Un estilo de vida saudábel
-A detección temperán
-O acceso ós tratamentos para tódolos doentes
-A calidade de vida