From making coffee to performing VATS surgery:
miércoles, 25 de febrero de 2015
miércoles, 4 de febrero de 2015
Día Mundial do Cancro 2015
O cancro é unha das principais causas de morte no noso entorno. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cancro ó longo da súa vida, máis o 40% destes cancros poderían ser evitados.
Dende o ano 2000 o día 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro. Xa o temos falado co gaio dos días mundiais do cancro 2013 e 2014. A Unión Internacional Contra o Cancro lidera unha campaña mundial destinada a erradicar mitos e erros sobre a enfermidade. Por iso fai un chamamento ó compromiso de autoridades e cidadáns para reducir o seu impacto mediante a prevención, a detección temperán e o acceso ós tratamentos e coidados máis axeitados.

Baixo o lema "Ó noso alcance", este ano quérense enfatizar catro ideas:
-Un estilo de vida saudábel
-A detección temperán
-O acceso ós tratamentos para tódolos doentes
-A calidade de vida
- Partille esta información
- Tuitee coas etiquetas #worldcancerday e #diamundialdocancro
- Visite facebook.com/worldcancerday
- Visite www.worldcancerday.org
Suscribirse a:
Entradas (Atom)